Comecemos polo posiblemente máis coñecido, o VIH, mellor dito, o virus da inmunodeficiencia humana, que de non ser tratado pode derivar no síndrome da inmunodeficiencia adquirida, é dicir, o SIDA.
Este virus adquírese evidentemente a través de relacións sexuais con unha persoa que xa o tiña, pero tamén doutras formas como, a través do contacto coa sangue dun individuo infectado, ao compartir agullas utilizadas para o consumo de sustancias ou de nai a fillo durante a xestación, a lactancia ou o parto. O seu mecanismo de actuación sobre os organismos humanos baséase na destrución de certo tipo de glóbulo branco destinado a combater infeccións, polo que o que provoca e que o noso sistema inmune quede indefenso ante a presenza de enfermidades, polo que calquera pode complicarse e converterse nun gran problema posto que o noso corpo non pode loitar contra ela xa que “carece de exército”. Ademais aumenta consecuentemente a probabilidade de desenvolver certos tipos de cáncer.
O SIDA é a complicación máis grave do VIH, digamos que o peor no que pode derivar.
A día de hoxe sabemos que no ano 2020, 37,7 millóns de persoas vivían con este virus, dos cales 1,7 millóns eran nenos. E as porcentaxes entre os dous sexos están equilibradas (53% mulleres e 47% homes).
Para continuar, a sífilis, que ao contrario do VIH está causada por unha bacteria, non un virus. O nome da responsable é Treponema pallidum, e da mesma maneira que todas as enfermidades das que imos falar desta vez, a súa transmisión baséase no contacto con úlceras infecciosas durante relacións sexuais, pero tamén de nai a fillo no embarazo ou en transfusións de sangue.
Os síntomas poden aparecer entre un prazo de 9 a 90 días, divídense en varias etapas: primaria, secundaria, latente e terciaria, e poden tratarse bastante facilmente con antibióticos.
En canto as etapas sintomatolóxicas da infección, vou tratar de resumilas para que se entenda:
1. Primaria: aparece unha (ou varias) pequena ferida denominada chancro no lugar por donde entrou a bacteria, arredor de 3 semanas despois da exposición. É habitual que este chancro non se note porque adoita ser indoloro e estar agochado, ademais pode sanar en 3 ou 6 semanas.
2. Secundaria: Despois da curación do chancro pode aparecer unha erupción dende o tronco que acaba por cubrir o corpo enteiro. Esta pode estar acompañada por feridas na zona xenital entre outros síntomas comúns propiamente dunha infección.
3. Latente: A etapa latente é aquela que se desenvolve sen síntomas ao pasar a secundaria sen tratamento. Pode durar anos, e pode ou non avanzar cara a seguinte etapa.
4. Terciaria: A bacteria pode dañar o sistema nervioso, o corazón, os ollos ou o fígado entre outros, moitos anos despois da infección se esta non se trata adecuadamente.
Esta infección da lugar a unha alta morbilidade e mortalidade, sobre todo e igual que o resto das ITS que imos tratar, nos países con menos recursos.
Por outra banda, a gonorrea. Esta está causada igual que a sífilis por unha bacteria chamada Neisseria gonorrhoeae, e pode ser adquirida mediante a práctica de relacións sexuais de distintos tipos, posto que se contrae polo contacto con boca, garganta, ollos, uretra, vaxina, pene ou ano.
En moitos casos esta infección non causa sintomatoloxía, pero entre os signos da súa presenza que podemos notar no caso de contraela atopamos: dor á hora de orinar, secrecións similares ao pus, dor e inflamación entre outros. Pero ademais disto, a gonorrea pode traer consigo graves complicacións se non se trata, como infertilidade, propagación da enfermidade a outras áreas do corpo como as articulacións, ou complicacións como a cegueira nos bebés que a contraen da nai.
E por último por hoxe, o herpes, neste caso o herpes xenital. Esta ITS pode ser causada por dous tipos de virus: o virus do herpes simple tipo 1 (VHS-1) e o virus do herpes simple tipo 2 (VHS-2).
O síntomas que causa esta infección adoitan ser moi leves e poden chegar a confundise cun grano ou un pelo enquistado. Baséase na aparición de unha ou varias especie de ampolas que se abren e deixan feridas dolorosas. Isto coñécese como un brote, e pode tardar ata unha semana ou máis en curarse. Estes brotes poden ou non volver a aparecer, pero sobre todo reinciden se se infecta co virus VHS-2, pero os seguintes brotes adoitan ser menos graves que o primeiro, e tenden a diminuír cos anos. O malo é que non existe cura, pero si un tipo de medicación que se toma diariamente e que reduce a posibilidade de transmitilo.
Pode ser grave en caso de persoas inmunodeprimidas, nas que os brotes serán máis recurrentes.
E bueno, por hoxe isto foi todo pola miña parte, pero posteriormente seguirei brindándo información sobre diversos temas, e resolvendo dúbidas. Ata outra!
FONTES:
https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/hiv-aids/symptoms-causes/syc-20373524
https://www.cdc.gov/std/spanish/sifilis/stdfact-syphilis-s.htm








Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.