sábado, 19 de novembro de 2022

MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Boas a todos unha vez máis!! 

Hoxe, eu, Valeria, véñovos falar do tema recorrente en charlas e conferencias nos institutos, que a pesar da súa frecuencia, parecen non servir finalmente para o seu obxectivo que é prever tanto enfermidades como o embarazo, segundo indican as estatísticas. Estas últimas indícannos que a día de hoxe, aproximadamente 12 de cada 100.000 homes e 2 de cada 100.000 mulleres padecen algunha ITS en España, pero desas cifras, un 20% non saben que a teñen, polo que ao final é un problema se xa desde un inicio aínda que non se teña nada, non se toman as medidas de prevención adecuadas. Entón, este é o tema que imos tratar hoxe, as medidas de prevención, que se deberían ter nas relacións sexuais, en todo caso, aínda que se saiba ou non se se ten unha ITS ou calquera outra enfermidade. 

Como falei nas entradas anteriores, o nome destas infeccións vén dado pola súa maneira de transmitirse, que é a través da vía sexual principalmente, de distintas maneiras. Pois a ver, é evidente que a única maneira que garante totalmente o feito de non contraer unha ITS é absterse de manter relacións íntimas. Pero isto non quere dicir que por medo de padecer algo teñas que deixar de facer nada, posto que se pode realizar de forma segura, xa sexa o sexo vaxinal, oral, anal, etc. Facer isto de maneira segura reduce as posibilidades de contaxiarse. E para isto existen os métodos barreira, que son aqueles que impiden o paso de fluídos e o contacto directo entre os xenitais. 

Os máis coñecidos son os condóns ou preservativos, tanto femininos como masculinos.


Estes consisten en finas películas de látex con forma digamos de globo alargado, que se colocan cubrindo o pene ou no interior da vaxina, de maneira que é imposible o contacto directo. Os condóns de látex son os únicos que protexen completamente contra todo tipo de ITS, causadas tanto por virus como por bacterias, mentres que se están fabricados con outros materiais como o poliuretano ou a silicona son máis fráxiles e rómpense con máis facilidade. O tema é que hai que usalos, pero de maneira adecuada, polo que hai que seguir algunhas instrucións como utilizar un preservativo novo en cada relación, non usar dous á vez, abrilo e manexalo con coidado para evitar rompelo, colocalo tras a erección e antes de manter contacto directo coa parella,

usar o tamaño adecuado, se se usan condóns de látex non utilizar lubricantes con base de aceite posto que debilitarán o látex e provocarán máis facilmente a súa ruptura. Outros tipos son o diafragma, parecido ao preservativo feminino, e tamén este último. 


Existen outros métodos anticonceptivos, como o DIU, os xeles anticonceptivos etc, pero aquí ás veces existe confusión. Os métodos anticonceptivos son aqueles que impiden a concepción, é dicir evitan o embarazo. Isto non implica que se eviten as ITS. Isto débese a que estas enfermidades transmítense por contacto de fluídos e superficies corporais, mentres que os métodos meramente anticonceptivos solo evitan de distintas maneiras que os espermatozoides cheguen ao óvulo e o fecunden, polo que ao fin e ao cabo, non teñen porque impedir o contacto.


No caso dos condóns, son tanto anticonceptivos como antiinfeccións. 

Pero a parte disto tamén é moi importante a comunicación á hora de evitar contaxios, así como as revisións periódicas con especialistas unha vez se comeza a ser sexualmente activo, así como as probas en caso de sospeita de contaxio.


É importante, a pesar de non ser un tema que nos concirna directamente como enfermeiras (pero si como persoas), dicir que se a túa parella se nega a usar preservativo, non está mostrando respecto, ademais de que sería unha relación non consentida. 

Ademais ao final da entrada vou a deixarvos un pequeno video de un minuto sobre este tema, para que sexa algo máis visual.


Así que esto sería basicamente todo, a rasgos xerais, espero como sempre que poida axudar en algo a alguén, e ata a próxima entrada, que será a última desta sección, e comezaremos coa seguinte pola miña parte!


Ata outra!


FONTES:

https://www.plannedparenthood.org/es/temas-de-salud/para-adolescentes/como-prevenir-un-embarazo-y-las-ets/que-necesito-saber-sobre-ets


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID