Boas a todos! Son Valeria e hoxe imos seguir co tema das URI, que vai ser a última das seccións da miña parte.
Tal e como fomos expoñendo e explicando anteriormente, as patoloxías das vías respiratorias altas son moi frecuentes durante o período invernal, e chegan a ser a 2ª causa de morte se chegan a complicarse. Todos os causantes destas infeccións (rinovirus, adenovirus, virus da gripe, Sars-CoV-2...), viven con maior comodidade en condicións frías de aí que exista unha estacionalidade clara delas durante as épocas máis frías.
Porén, así como existen factores que contribúen a este empeoramento tales como hábitos anteriores á infección (tabaquismo), ou situacións individuais previas doutras patoloxías relacionadas (asma, bronquitis crónica etc.), tamén existen medidas proactivas ou de prevención que axudan a diminuír os casos deste tipo de infeccións e a súa incidencia.
Algunhas destas medidas estiveron amplamente difundidas e explicadas durante os últimos tempos debido á toma de conciencia sobre elas durante a pandemia sufrida desde o ano 2019 cando se detectaron os primeiros casos de infección do virus Sars-CoV-2 causante do Covid-19 e orixe da pandemia desta enfermidade.
Estas medidas solen ser aplicables a case todas as infeccións das vías respiratorias e solen estar relacionadas con hábitos de hixiene.
Pero ademais existen algunhas outras medidas relacionadas coa protección e reforzo do sistema inmune durante os períodos de maior risco que nos poden ser de axuda á hora de previr o desenvolvemento de complicacións destas enfermidades. Algunhas delas son: Protección fronte ás baixas temperaturas: o frío favorece o "debilitamento" das mucosas respiratorias. primeira barreira de defensa ante a penetración duns virus que se transmiten principalmente por vía respiratoria ou por contacto directo con secrecións respiratorias da persoa infectada; Alimentación equilibrada; Non fumar.
En canto á vacunación, como é de coñecemento popular, é de gran importancia nesta cuestión. E en común con todos os aspectos relacionados coas enfermedades de todo tipo, hai opinión moi variadas en canto a elas. Unha gran parte da poboación ten medo, posto que realmente as vacinas en contra do COVID tiveron moi pouco tempo para ser probadas, polo que ao final tiveron que sacarse o máis rápido posible para intentar frenar o abarrotamento dos hospitais. Pero, está probado científicamente que a vacinación dende que se comezou con ela puido frear en gran medida o avance dos contaxios ata chegar ao día de hoxe, que comezamos a poder levar unha vida medianamente normal. Na miña opinión, que pode non ser a misma que a de quen lea esto, o máis importante é facer caso do que dictaminan as institucións competentes, e digo competentes porque non é o mesmo seguir as recomendacións de alguén da televisión que non está acreditado, ou dun amigo ou persoa da calle, que da OMS, dos nosos médicos ou resultados de estudos etc. Polo tanto, por moito que diga moita xente que as vacunas son peores que a enfermidade, ou que xa non existe o coronavirus, debemos ter en conta o que din os médicos e estudiosos sobre o tema, para que entre todos podamos rematar con esta situación, e que a enfermidade poida limitarse a ser unha máis, como a día de hoxe son o resto de URI como a gripe ou o arrefriado.
Sin nada máis que dicir, espero que unha vez máis isto sexa de axuda para quen lea! Ata outra!
FONTES:

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.