sábado, 19 de novembro de 2022

SINTOMATOLOXÍA E IDENTIFICACIÓN DESTA




 Ola a todos!!! Son Valeria unha vez máis, e para seguir coa sección sobre as ITS, hoxe traio información que pode chegar a ser máis achegada a todos aqueles que poidan ter dúbidas, posto que hoxe imos falar sobre os síntomas principais e a identificación destes, para que en caso de ter risco ou dúbida de padecer unha ITS, saibamos cando ter medo e avisar, e cando non é necesario preocuparse. 

Para comezar deberíamos saber que as ITS van a presentar diferentes síntomas e signos segundo cal sexa a infección e a persoa que a padeza, pois pode haber incluso ausencia destes. Por iso é importante saber cando preocuparse, porque os síntomas poden pasar desapercibidos hasta que hai un problema asociado ou hasta que é a parella quen ten os síntomas e se fai un estudo destes. 

Os síntomas poden aparecer tempo despois da exposición, ou non saber deles ata anos despois, segundo a enfermidade que se padeza, por iso é complicado. Agora vou mencionar varios dos síntomas principais que adoitan presentar en común as ITS. Algúns destes son feridas ou protuberancias na zona xenital evidentemente, pero tamén na oral, posto que hai enfermidades que se transmiten polas secrecións ou o contacto coa pel, polo que o contaxio pode darse tamén co sexo oral; no caso das mulleres fluxo vaxinal con aspecto e olor anormais; secrecións purulentas que veñen do pene ou a vaxina, que son indicio de infección na zona; inflamación dos ganglios linfáticos; sangrado vaxinal entre períodos menstruais, é dicir, cando non toca; febre; erupcións no tronco, nas mans ou nos pés, que pode estenderse a outras áreas; e dor de distintas maneiras. Algunhas das distintas formas nas que se manifesta a dor son as seguintes: dor ao ouriñar como se se tratara dunha infección de ouriño normal; dor ao manter relacións sexuais, sobre todo durante a penetración; dor na parte inferior do abdome, é dicir onde se atopa interiormente o aparello sexual; e dor debido á inflamación dos ganglios linfáticos. 


A coincidencia de síntomas das distintas ITS débese a que ao fin e ao cabo son todo infeccións, e a maneira na que o noso corpo (se supón, porque todos somos distintos) reacciona ante esta adoita ser a mesma, inflamación de ganglios, dor destes, febre, pus etc. Ao fin e ao cabo cando se nota algún destes signos ou síntomas debemos ter en conta que podemos desenvolvéndose no noso organismo algún tipo de infección. Pero como dixen, debemos telo en conta, non alarmarnos excesivamente ante a primeira manifestación. Para evitar isto último debemos saber cando acudir a un especialista de forma inmediata, que é cando se é sexualmente activo e sabes que poderías estar exposto algunha ITS, ou se tes signos e síntomas de algunha destas. Pero, no caso de saber que se tivo en algún momento unha ITS, debemos informarnos nun médico das medidas que debemos tomar para evitar complicacións ou posibles transmisións. Ademais disto, deberíamos acudir a un médico cando se comece coa actividade sexual, para saber sobre todo como prever, ou por simple precaución e revisión pola posibilidade de contraer algunha. 

Como xa dixen con anterioridade, os síntomas comúns adoitan ser os propios de calquera infección, pero ademais, cada infección conta tamén con síntomas digamos “propios”. Entón, para rematar vou tratar de resumir as manifestacións das principais enfermidades presentadas na entrada anterior (obviando os propios das infeccións en xeral dos que falei antes):
·      VIH: dor muscular e articular, diarrea, perda de peso, tose, dor de garganta e feridas na boca, suores nocturnos... Pero en moitas ocasións estes síntomas non se dan, e nótase  súa presenza porque o que fai é facer que as defensas non podan realizar o seu traballo, matándoas digamos, e polo tanto sabemos que a padecemos cando se agrava unha enfermidade que en principio non debería selo por exemplo. 
·      SÍFILIS: erupcións cutáneas nas mans e nos pés, ronchas húmidas e dolorosas (condilomas siflíticos) nos órganos xenitais ou pregues na pel, así como feridas ao redor da boca ou nos xenitais. 
·      GONORREA: dor ao ouriñar, abertura da uretra, así como inflamación e aspecto vermello. Tamén sensibilidade e inflamación testicular. Ademais tamén presenta dor de garganta “típico”, denominado farinxite gonocócica.
·      HERPES: o principal síntoma é coñecido por todos, aparición dunha mancha vermella que se convirte nunha ferida aberta dolorosa, na zona dos labios ou nos xenitais e ingles. 

Espero que esta información poida ser de ayuda para quen a precise ou tema dúbidas, e para calmar as ideas de quen esté alarmado sen necesidade.
Ata a próxima entrada, que seguirá coa mesma temática sobre as ITS, con máis información!!
 
FONTES:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID