Ola de novo!! Son Valeria outra vez, e pásome por aquí para traervos a derradeira entrada sobre o tópico das últimas 4, as ITS, e nesta ocasión imos falar sobre o tratamento para estas.
As enfermidades de transmisión sexual como xa sabemos, e falamos en outra ocasión, poden transmitirse pola vía sexual, e tamén de nai a fillo durante o embarazo, polo que é importante saber que se estás embarazada e es coñecedora de que tes unha destas infeccións, debes seguir o tratamento sempre recomendada por unha especialista para evitar que a enfermidade se transmita de nai a fillo no parto ou durante a xestación.
Os tratamentos para as ITS evidentemente son distintas dependendo de cal sexa a enfermidade, e de feito adoita ser máis fácil para as enfermidades causadas por bacterias.
Vamos a falar entón dos tratamentos pero de maneira xeral, posto que como xa dixen cada enfermidade é un mundo, e cada tratamento o mesmo, pero adoita ser algún dos seguintes: antibióticos e antivirales.
Os antibióticos brindan a posibilidade de curar moitas infeccións de orixe bacteriana ou parasitaria, como a gonorrea e a sífilis das que falamos antes, ou a tricomoniase. Ademais hai infeccións como a gonorrea e a clamidia para as que existe tratamento conxunto porque adoitan aparecer da man. O máis importante do tratamento con antibióticos é seguir a receita e as doses que pauta o especialista, posto que se non non fará o efecto desexado. De todas formas, se o tratamento fose moi longo podería buscarse algún outro máis curto e sinxelo. Outro punto importante é que cando se remata un tratamento con antibióticos para unha ITS, debe terse en conta que hai que evitar manter relacións sexuais ata sete días despois de rematar con antibiótico, sobre todo porque adoita ser o prazo no que as feridas abertas se pechan completamente, e ademais deberían realizarse revisións nos tres meses seguintes posto que nese período existe unha probabilidade moi alta de reincidir na enfermidade.
Por outra banda, os antivirais son, como o seu nome indica perfectos para combatir as infeccións causadas por virus, polo que no caso de padecer herpes ou VIH, a receita do médico vai conter un antiviral. Ademais pode combinarse con terapia supresora diaria para diminuír a recorrencia do herpes por exemplo, pero isto non impide a posibilidade de contaxiar á parella. Os antivirais bríndannos a posibilidade de vivir co virus do VIH moitos anos máis, sendo portador pero con menos risco de transmitirllo a ninguén, posto que reduce de forma moi considerable a carga viral, chegando a que case non poida nin detectarse se se toma da maneira axeitada. Despois de rematar o tratamento deberíamos realizar probas para ver se o tratamento funcionou.
Por outro lado, existen en distintas formas cada unha destas posibilidades como en forma de comprimido ou xarabe, e tamén en forma de pomada e crema, sobre todo cando existen erupcións cutáneas.
Unha vez máis, é de grande importancia notificar no caso de valorar a posibilidade de padecer algunha infección deste tipo, para que as posibles persoas implicadas poidan recibir un tratamento axeitado e evitar futuros problemas. Para isto é evidente que tamén é importante a comunicación entre as parellas sexuais, para informar se se sabe que se ten unha ITS, ou cabe a posibilidade de tela, ademais de manter as precaucións axeitadas.
E por último, igual que en calquera infección ou enfermidade, é de enorme importancia a adherencia ao tratamento, tanto para paliar e evitar os síntomas como para evitar reincidencias, posto que se non se sigue de maneira estrita o tratamento, cabe a posibilidade de que incluso se agrave o cuadro e o tratamento non sirva de nada. Este é un dos aspectos máis importantes.
Así que bueno, finalmente con esta entrada, rematamos a sección sobre as ITS, que espero que fose de axuda para alguén, e resolvera dúbidas, xa que este tema con frecuencia adoita ser un pouco tabú na sociedade, polo que non se soe preguntar acerca del. Persoalmente opino que isto debería cambiar, porque non é un tema que sexa unha broma, xa que anualmente cobra moitas vidas, sobre todo en países subdesenvolvidos, onde o tratamento é coma un tesouro que non se adoita encontrar con facilidade, e onde non existen sequera os medios para diagnosticalas. Así que como última reflexión, creo que deberían inverterse máis medios en investigar e tratar de diagnosticar e curar o maior número de enfermidades deste tipo posibles, porque se levan diariamente moitas vidas por diante, de xente que non ten nin posibilidade de saber que as padece.
Así que bueno, aquí remata esta sección, e na seguinte entrada comezarei coa seguinte, que tratará sobre as hepatites. Ata a próxima!!
FONTES:


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.