xoves, 24 de novembro de 2022

COMPLICACIÓNS

 

Moi boas a todos! Eu son Valeria e nesta ocasión imos tratar a última entrada sobre as hepatitis, que vai consistir en presentar algunha das complicacións máis potenciais que poden desencadear.

 

As hepatites teñen importancia clínica non só pola propia infección que causan, se non tamén pola gravidade das complicacións que poden causar. Como falamos en entradas anteriores, esta enfermidade pode evolucionar en outras de maior gravidade como a cirrose hepática ou o cancro ou hepatocarcinoma. Nesta ocasión imos tratar de explicar de forma resumida a máis frecuente destas, a cirrose hepática, que se encontra en gran medida nas unidades hospitalarias de Dixestivo.

 

A cirrose hepática é a cicatrización conxunta ao funcionamento inadecuado do fígado secundaria a outros problemas, sendo a última etapa nas enfermidades hepáticas crónicas. Esta enfermidade é a conclusión do dano crónico hepático, que ten como causa unha enfermidade crónica. 

 

A etioloxía da enfermidade hepática crónica é a infección por hepatite B e C, e o alcoholismo. Pode ser causada por outros factores como trastornos nas vías biliares, pero os máis comúns son os anteriores. 

 

Os síntomas son de aparición paulatina, polo que poden non percibirse, e incluso ser asintomática. Isto dependerá do afectado que esté o fígado. Entre as manifestacións iniciais atoparemos fatiga e perda de enerxía, náuseas e dor abdominal, falta de apetito, perda de peso, vasos sanguíneos en forma de araña na pel. Segundo a enfermidade avanza poden aparecer outros síntomas como edema e ascite (acumulación de líquido en pernas e abdome respectivamente), ictericia, nos homes impotencia e encollemento testicular, hematomas e sangrado anormal, posto que causa problemas de coagulación, etc., confusión e problemas de atención debido á encefalopatía hepática. Esta última é unha condición que se xera debido á acumulación de sustancias tóxicas no organismo de persoas que teñen problemas hepáticos. O fígado non filtra correctamente polo que os tóxicos se acumulan e pasan a circulación, chegando ao cerebro e causando afectación a este nivel. Ademais, tamén poden aparecer sangrados no tracto dixestivo, que se manifestan no exterior mediante melenas (feces con sangre dixerida) entre outras. En canto ao exame físico, búscase abdome hinchado, fígado e bazo agrandados, pequenos testículos, ictericia, tecido mamario excesivo, etc. Ante isto realízanse análise como analíticas sanguíneas, probas de función hepática, nivel de albúmina en sangue, endoscopias, TC abdominal...

 

E por último en canto ao tratamento o único que se pode facer son cambios no estilo de vida. Sobre todo abandonar o consumo de alcohol, posto que adoita ser o principal desencadenante desta condición. E a nivel farmacolóxico, adoita tratarse con diuréticos, vitamina K para non sangrar, antibióticos. Así como dieta baixa en sal. 


FONTES:

https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000255.htm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID