Por que non hai cura para o VIH? Imos ver o ciclo de vida deste virus.
CICLO DE VIDA DO VIH
Os virus causantes do VIH en humanos son do grupo dos retrovirus. Ademais, hai que ter en conta que o seu material xenético está formado por ARN monocatenario e non por ADN, isto significa que pode actuar como ARNm e por tanto formar proteínas nas células que parasitan. Podemos dividir o ciclo de vida do VIH en 8 fases diferentes:
1. O virus de VIH conta cunhas proteínas na envoltura que son atraídas polos receptores que están situados na membrana dos linfocitos. Tras esta unión, actívanse varias proteínas que fan que ambas membranas se fusionen. Este recoñecemento é necesario para que o virus poida adherirse e penetrar na célula.
2. Unha vez realizada esta fusión, ten lugar a decapsidación, o que provoca que o ARN do virus quede libre no citoplasma da célula. Para isto o ARN ten que pasar a ADN, o que se consegue grazas á acción da encima transcriptasa inversa.
3. Cando o ARN pasa a ADN este introdúcese no núcleo da célula infectada.
4. A acción da encima integrasa axuda á integración do ADN viral co ADN propio da célula.
5. Todo isto, provoca que de novo o ADN pase a ARN, pero esta vez portando o virus, o que significa que se formen proteínas que formarán novos virus. Hai que ter en conta que o provirus pode estar moito tempo sen producir novas copias do VIH de forma inactiva.
6. Durante a etapa seguinte, a da ensamblaxe, fórmanse novos virus co ARN, as proteínas e a membrana celular
7. Na xemación o virus sae da célula a través da membrana plasmática e crenado unha envoltura.
8. Finalmente, a encima proteasa consegue madurar o VIH, xa que o virus recentemente formado é inmaduro
FONTES:

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.