Como se presenta a varicela? Cales son os signos e síntomas principais? Que son eses puntos vermellos que nos saen?
A varicela é unha infección que se soe presentar en nenos e podemos detectala por unha serie de signos e síntomas. O máis definitorio trátase das marcas de cor vermello que aparecen pola pel da persoa. Estas aparecen uns 14 días despois da exposición ao virus e xeralmente duran de 5 a 10 días. Estas erupcións evolucionan ao longo da enfermidade e coñécense tres tipos:
Pápulas: bultos vermellos que brotan durante varios días.
Vesículas: pequenas ampollas de líquido que se forman e logo de uns días acaban drenando.
Costras: que cubren as ampollas drenadas e que tardan días en curarse.
Outros signos e síntomas que soen aparecer días antes da presentación de erupcións son:
- Febre
- Perda de apetito
- Dor de cabeza
- Cansancio e malestar xeral
A entrada de hoxe chega ata aquí, próximamente falarei sobre a vacinación e o papel da
enfermaría. Ata pronto!
Fonte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.