Cal é o papel da enfermería cos pacientes con bronquite? Como se lles administra osíxeno aos pacientes? Todo isto explicado a continuación.
Na maioría dos casos de bronquite, máis ben na crónica, os pacientes necesitan que se lles administre osíxeno debido a obstrución que se produce nos seus bronquios, normalmente de baixo fluxo empregando as cánulas nasais a 1 ou 2L, ou as mascarillas de tipo ventimask nos casos nos que os pacientes precisen unha maior eficacia á hora de obter osíxeno, esto pode variar dependendo da situación do paciente.
Tómase esta medida, debido a que estes pacientes, deixan de responder aos aumentos de dióxido de carbono para estimular a respiración co aumento da FR e profundidade. A función das enfermeiras nestes casos é a de colocar e proporcionar aos pacientes as cánulas nasais ou mascarillas tendo que axustar e controlar o fluxo de osíxeno ás necesidades de cada paciente e do momento. Son as encargadas de revisar e evitar de que o roce constante das gafas nasais ou mascarillas coa pel non cause un problema coma a irritación ou en casos máis avanzados a provocación de unha pequena úlcera.
Para unha maior comprensión de como se realiza a oxinoterapia, explicarei os diferentes materiais que se empregan para a súa administración. Primeiro de todo explicar que a procedencia do osíxeno pode ser da central de osíxeno do hospital ou de un cilindro de presión. No caso da central o osíxeno atópase en un tanque fora do hospital e é enviado a cada unha das habitacóns dos hospitais mediante unha rede de tuberías. En canto ao cilindro de presión, o osíxeno mantense almacenado no seu interior e permite a movilidade de este nos traslados dos pacientes. Agora sí, as diferentes partes que se empregan son:
- Manómetro (Imaxe 1): mide a presión coa que se atopa o osíxeno dentro do cilindro
- Manorredutor (Imaxe 2): controla a presión coa que sae o asíxeno do cilindro.
- Fluxómetro ou caudalímetro (Imaxe 3): emprégase para controlar o fluxo (L/min) que sae da toma de osíxeno para o paciente.
- Humidificafor (Imaxe 4): recipiente de auga estéril ou destilada polo que pasa o osíxeno antes de chegar ao paciente.
- Cánulas nasais (Imaxe 5) ou mascarillas (Imaxe 6)
| Imaxe 1 |
| Imaxe 2 |
| Imaxe 3 |
| Imaxe 4 |
| Imaxe 5 |
| Imaxe 6 |
Outra intervención de gran importancia para os pacientes con bronquite crónica é a aplicación dos aerosois, actividade na que a enfermeira xoga un papel moi activo. Para explicar esto crearemos outra entrada para tratar o tema máis detalladamente, así que ata a próxima!!
Fonte:
TRATAMIENTOS DE BRONQUITIS CRÓNICA, INHALADOR, AEROSOL (encolombia.com)
Oxigenoterapia (II): Material para la administración | Blog de oposiciones | OpositaTest
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.