luns, 28 de novembro de 2022

CAUSAS DAS INFECCIÓNS DE ORINA

 

Porqué collemos infeccións de orina? Cales sonas as principais causas? Existen factores de risco asociados?

Os xérmenes son os causantes das infeccións de orina, as bacterias específicamente son os principais aínda que os virus e parásitos tamén poden inducila.

Entre as bacterias a que causa as infeccións na maioría dos casos é a Escherichia Coli provocando ao redor do 80% de elas. Que esta sexa a causante máis común facilita o tratamento dado que os antibióticos soen ser suficientes para combatilas.

A maiores existen unha serie de factores que aumenta a probabilidade de infeccións, entre eles atopamos:

  • Aguantar as ganas de ir ao baño: a micción pode evitar as infeccións de orina xa que cando vaciamos a vexiga limpámolo e desfacémonos de tóxinas, da mezma forma o fluxo de orina cara ao exterior arrastra con ela gran cantidade de bacterias cara fora do tracto urinario. Da mesma forma esperar a encher a vexiga para realizar a micción non é bo xa que provocamos unha dilatación da propia a cal ao vaciarse non volve a contraerse por completo o que causa que sempre quede un remanente de orina.

  • Realizar de forma incorrecta a hixiene persoal: non realizar de forma correcta a limpeza das nosas zonas íntimas tras ir ao aseo pode aumentar o risco de infección. De esta forma, cando vaiamos o baño a limpeza, no caso do xénero feminino, debe de realizarse de adiante cara atrás, xa que da forma contraria arrastramos gran cantidade de bacterias que se atopan no ano cara a entrada da uretra.

  • Empregar tampóns durante moito tempo: manter os tampóns dentro do corpo feminino durante moito tempo pode provocar a proliferación de bacterias que alcancen o noso sistema urinario . Por elo o correcto sería cambialo cada 4 horas.


Poderíamos citar outros factores que aumenta a frecuencia de infección tales coma:

  • Problemas de vexiga que impiden o seu vaciamiento total

  • Cálculos renais

  • Uso de catéter para orinar

  • Alteración anatómica do tracto urinario

  • Sistema inmunolóxico debilitados por enfermidades coma o SIDA


    Ata aquí as causas da infección de orina! Na próxima entrada falaremos dos signos e síntomas máis comúns das infeccións de este tipo. Ata a próxima!

    Fonte:

    https://cuerpohumano.net/bacterias-causantes-de-las-infecciones-urinarias



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID