domingo, 27 de novembro de 2022

COMO SE PRESENTA A BRONQUITE?

Como podemos detectar que sufrimos de unha bronquite? Cales son os signos e síntomas principais da bronquite? Imos descubrilo!

Os signos máis comúns que se presentan en caso de bronquite trátanse de:

  • Tos con mucosidade, ou sanguinolenta (común en bronquite crónica)

  • Inflamación dos bronquios.

  • Obstrucción dos alveolos

  • Pitidos ou silbidos ao respirar

  • Burbuxeo á hora de realizar a auscultación co fonendoscopio.

  • Fatiga

  • Dificultade respiratoria

  • Ronquera


A parte dos signos e síntomas anteriores, cando falamos de bronquite crónica engádense unha serie de características a maiores, entre elas:

  • Hinchazón de tobillos, pés e pernas

  • Coloración azuldada nos labios causada pola baixa concentración de O2

  • Propensión a sufrir infección respiratorias


Para axudar a educar á poboación sobre as enfermidades e como se presentan créanse os chamados trípticos, que se tratan de pequenos folletos ou posters nos que se presenta a información de unha forma máis resumida de xeralmente máis visual. Así adxunto un tríptico que recolle os signos e síntomas da bronquite e que é de gran axuda para ensinar e concienciar á poboación:
Espero que a entrada de hoxe vos servise de guía para a prender a detctar cando podemos estar sufrindo unha posible bronquite. Na próxima entrada presentarei información de interés sobre o papel das enfermeiras cos pacientes de bronquite. Un saúdo!

Fonte:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID