DIAGNÓSTICO TRATAMENTO E COMPLICACIÓNS DO HERPES LABIAL
As persoas que tiveron un brote de herpes poden recoñecer facilmente un brote. Ademais, un médico pode diagnosticar o herpes con só miralo. Para confirmar o diagnóstico, un médico pode tomar unha mostra da bocha para análise de laboratorio, aínda que isto xeralmente só se fai en pacientes con sistemas inmunes moi debilitados, como os que están en quimioterapia ou as persoas con VIH ou SIDA.
Xeralmente o herpes labial desaparece sen tratamento en dúas a catro semanas. Aínda que existen varios medicamentos antivirais receitados que poden adiantar o proceso de curación. Pero hai algúns "remedios caseiros" que fan que as chagas sexan menos dolorosas e duren menos como por exemplo aplicar frío.
Se a dor é insoportable pódese tomar paracetamol ou ibuprofeno pero NUNCA aspirina nin ningún outro medicamento que conteña ácido acetilsalicílico ou outro salicilato, xa que se relacionou cunha afección rara pero grave chamada síndrome de Reye.
É pouco probable que o herpes labial cause complicacións, excepto en casos raros, como en pacientes con sistemas inmunes debilitados. As posibles complicacións inclúen:
- A infección por herpes ocular que é a principal causa de cegueira nos Estados Unidos. Isto débese a que causa cicatrices na córnea.
- Propagación do virus a outras áreas da pel.
- Infeccións bacterianas da pel.
- Deshidratación, esta complicación pode ocorrer se a dor na boca e a garganta impide que o paciente beba auga.
- Encefalites xa que se o virus propágase ao cerebro pode inflamarse. Isto expón o risco de dano cerebral grave e posiblemente a morte.
FONTES:
https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/cold-sore/diagnosis-treatment/drc-20371023
https://www.medicalnewstoday.com/articles/es/323888#complicaciones

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.