xoves, 24 de novembro de 2022

QUE É O HERPES LABIAL?

 


Olaa! Hoxe imos falar dunha enfermidade viral suuper común que aparece en forma de bochas ao redor dos labios. Sabedes de que enfermidade estou falando? E dos seus síntomas?



QUE É O HERPES LABIAL? CALES SON OS SEUS SÍNTOMAS?



O herpes febril, tamén coñecido como "herpes labial", é unha infección viral común. Estas son pequenas bochas cheas de líquido en ou ao redor dos beizos. Estas bochas normalmente agrúpanse para formar manchas. Despois de que rebentan as bochas, fórmanse costras que poden persistir durante varios días. O herpes labial adoita curarse sen deixar cicatrices en dúas ou tres semanas.





Os signos e síntomas varían segundo se trate dun primeiro brote ou dunha recaída. Cando ten herpes por primeira vez, os síntomas poden aparecer aos 20 días despois da primeira exposición ao virus. A recorrencia a miúdo ocorre nos mesmos lugares e xeralmente está menos estendida que o primeiro brote.


Algúns síntomas do herpes labial poden desencadearse por factores como a menstruación ou cambios hormonais, estar exposto ao sol, a febre e o estrés


Os síntomas que aparecen durante o período activo do herpes adoitan pasar por varias etapas:


-   Formigueo e picor: Moitas persoas experimentan pico ou ardor ao redor da boca durante o día anterior á aparición dunha bocha e un parche pequeno, duro e doloroso.


-     Vesículas: A miúdo aparecen cheas de líquido ao longo do bordo da boca pequenas bochas. Aínda que tamén poden aparecer ao redor do nariz, as fazulas ou na boca.


-    Drenaxe e formación de costras. As bochas pequenas poden agruparse e logo explotar, deixando chagas abertas e pouco profundas que drenan e forman costras.

Compre destacar que existe a posibilidade de que unha persoa presente o virus pero este non se lle manifeste e que polo tanto non presente nin signos nin síntomas.



FONTES:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID