Educación aos pais: Cales son os coidados que se deben realizar cos pacientes de variola? A continuación a explicación.
Unha vez diagnosticada a enfermidade, o primeiro paso será aislar ao enfermo na fase contaxiosa. En caso de presentar febre, administraráselle paracetamol na dose correspondente ao paciente.
Nos casos de varicela o papel que soen tomar as enfermeiras é o de educar aos pais, na maioría dos casos sobre os coidados que requiren os nenos durante a infección. Aínda así moitas veces estos casos de varicela convirtense en ingresos baixo o coidado propio das enfermeiras que deben:
Administración de antipiréticos como o paracetamol ou outros antisépticos e antihistamínicos.
Administración do tratamento antiviral.
Curación das lesións, en concreto as que se rompan ou infecten.
Aillamento do paciente e da súa roupa de aseo e de cama.
Non aplicar nin polvos nin cremas ás lesións do corpo do paciente.
O aseo diario é un factor de gran importancia nos pacientes con varicela debendo ser este de corta duración e empregando un xabrón suave para evitar o rozamento coas vesículas e causar unha maior picazón. Da mesma forma manter as uñas do paciente cortas axuda a evitar que se este se rasca se faga daño ou se infecte, moitas veces colócanselle guantes aos pacientes para avitar o rascado das vesículas.
Ata aquí todo sobre a varicela! Na seguinte entrada introduciremos outra nova infección, a de orina, que se trata de unha infección moi común entre a poboación! Un saúdo e ata a próxima.
Fonte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.