luns, 28 de novembro de 2022

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID

 


Ola a todos, nesta derradeira entrada pola miña parte deste blog, vou tratar un tema que todos coñecemos, porque os que nos tocou vivir nesta época, na que vivimos unha pandemia, estamos afeitos a escoitar nos medios, na calle e en xeral en tódolos ámbitos, a cerca do COVID-19, a enfermidade que paralizou o mundo en tan só uns meses. 

 

Durante a pandemia do coronavirus, todos os lugares do mundo quedaron paralizados, bloquearonse fronteiras e mesmo saídas da casa. A maior parte da poboación mundial deixou de saír das súas casas durante polo menos 3 meses, e durante ese encerro, a enfermidade cobrou gran cantidade de vidas polo camiño. Posteriormente, cando se empezou a poder saír, todo estaba controlado, contactos, saídas, eventos, clases, traballos... 

 

En xeral esta enfermidade fixo que a vida tal como a coñecíamos se puxera patas arriba. Ante tanto cambio, foron necesarias medidas proporcionalmente innovadoras para vencer a enfermidade. 

 

A medida máis coñecida foi a vacinación, da que xa falamos. Grandes empresas farmacéuticas desarrollaron distintos tipos de vacinas, con tecnoloxías diferentes e por conseguinte, diferentes efectos. Estas vacinas causaron opinións opostas na sociedade. É conveniente para a nosa saúde a administración de sustancias desenvolvidas en tan pouco tempo? Sen estar probadas o período de tempo normal no resto de fármacos? Realmente como acabo de comentar, na poboación xurdiron opinións de todo tipo. É certo que pode asustar o feito de que metan no teu organismo sustancias que realmente non sabemos que efecto van ter concretamente. A vacina de cada empresa tivo distintas manifestacións dependendo da persoa, e do número de doses. En canto a isto tamén xurdiron dúbidas, posto que a xente non remata de entender que é preciso administrar doses de recordo para que as vacinas teñan o efecto desexado a longo prazo. 

Deixando a un lado as vacinas, hai moitas máis iniciativas que se desenvolveron para combater a enfermidade que nos asola dende finais do 2019. En España, hai varias iniciativas, entre as que atopamos os proxectos MVA-COVID-19, e a PIE-CORONAVIRUS. 


 

A primeira destas (MVA-COVID-19) é unha iniciativa desenvolvida polo centro nacional de bioloxía, no laboratorio do profesor Mariano Esteban. Esta busca xerar vectores virais modificando o virus que se usou para a erradicación da varíola. Isto débese a que ao non traballar co virus do coronavirus, non se require tanta seguridade nin complexidade para experimentar e desenvolver vacinas.

Por outro lado, a seguinte iniciativa é a de PIE-CORONAVIRUS, desenvolvida polo centro nacional de biotecnoloxía, que ten como obxectivo estudar os métodos patoxénicos do virus, para poder eliminar os xenes virulentos do seu xenoma e obter atenuados, para crear vacinas. A estratexia xa preparada consiste en reconstruír o xenoma do virus mediante fragmentos de ADN creados quimicamente. Unha vez poidan crearse estas vacinas, primeiro probaranse en ratos para comprobar a súa eficacia e seguridade, antes de realizar ensaios clínicos en humanos para poder sacala e administrala á poboación

 

Esta é a derradeira entrada da miña autoría neste blog e como dixen ao longo de todo este percorrido polas enfermidades que tratei, espero que sexa de axuda e utilidade para alguén. Sen máis despídome, adeus!


FONTES:

https://www.ciencia.gob.es/Ministerio/Coronavirus.html;jsessionid=273542EBE455D83166D5F0043F8B29F7.2

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID