DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO VIH
Para diagnosticar o VIH é necesario realizar unha serie de probas diagnósticas que poden ser tanto análises de sangue como de saliva. Algunhas destas probas son:
- Proba de antígenos e anticorpos. Habitualmente necesítase unha mostra de sangue para realizar esta proba. O virus do VIH contén substancias denominadas antíxenos que adoitan dar positivo neste tipo de probas ás poucas semanas da exposición ao virus. Isto ten lugar, porque o propio sistema inmune empeza a producir anticorpos xusto no momento da exposición ao virus, pero estes poden tardar semanas ou meses en ser detectados. Isto significa, que a proba busca detectar os anticorpos pero que estes poden tardar de 2 a 6 semanas en dar positiva
- Análise de anticorpos. Pódense obter os resultados tanto a partir dunha mostra de sangue como a partir dunha mostra de saliva. Estas probas son a que se utilizan nas maioría dos casos como probas rápidas xa que se poden facer en casa. Neste tipo de probas os positivos poden tardan en aparecer de 3 a 12 semanas desde o momento da exposición
- Probas de ácido nucleico. Con este tipo de probas o que se busca é o virus que esta realmente presente no sangue (carga viral). É a proba que adoita mandar directamente o facultativo ante a sospeita dunha posible infección nas anteriores semanas xa que é a primeira en detectar a exposición ao VIH
O VIH/SIDA trátase con medicamentos que impiden que o virus se reproduza. Este tratamento chámase terapia antirretroviral (TAR).
Actualmente, recoméndase o tratamento do VIH a todas as persoas que viven co VIH, mesmo se o seu reconto de CD4 se manten normal. Por esta razón, necesítanse análise de sangue regulares para garantir que o nivel do virus no sangue (carga viral) se mantéña baixo ou suprimido. O obxectivo do tratamento é reducir a cantidade de VIH no sangue a un nivel tan baixo que unha proba non poida detectalo. Isto coñécese como carga viral indetectable.
Ademais, debe terse en conta que se o reconto de CD4 diminue antes de comezar o tratamento, xeralmente aumentará gradualmente. As complicacións relacionadas co VIH xeralmente desaparecen cando o sistema inmunitario recupérase.
FONTE:



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.