domingo, 27 de novembro de 2022

INFECCIÓNS RESPIRATORIAS DE VÍAS ALTAS

 

Ola a todos de novo! Hoxe comezamos coa última das seccións pola miña parte, nesta ocasión, sobre as infeccións respiratorias das vías altas, que se por este nome non as coñecedes, agora nesta primeira entrada voume encargar de presentalas. 

Unha infección respiratoria de vías altas, é unha enfermidade, evidentemente infecciosa como o seu nome indica, que pode ser causada tanto por un virus como por unha bacteria. A particularidade destas, e o que a diferencia de outro tipo de infeccións é a localización, que é na parte superior das vías respiratorias, é dicir, nariz, senos paranasais ou garganta. 

 

Aínda que ao mellor polo nome non as recoñezades de primeiras, son as enfermidades posiblemente máis comúns no noso día a día, entre elas a gripe, o simple catarro ou a sinusite, e a mundialmente coñecida COVID-19, que tantos problemas nos causou n os últimos anos, e que trataremos máis a fondo en próximas ocasións. 

 

Os síntomas comúns das URI (siglas en ingles deste tipo de doenzas), son, como falamos ao principio de todo das miñas entradas sobre as infeccións, a fiebre, a tos, e mocos. Pode presentarse tamén dor xeral así como de cabeza (cefaleas). 

 

Estas enfermidades adoitan ser de moi leve gravidade, e moi comúns entre a poboación de a pé. Como con todas as enfermidades, o problema ven nos casos de persoas que non teñen como facerlle frente, como inmunodeprimidos, persoas con tratamentos como a quimioterapia ou con enfermidades crónicas etc, situacións nas que se poden complicar estos casos, chegando incluso á morte. En países subdesenvolvidos, tamén sucede isto, que se dificultan estes casos de enfermidades inicialmente moi leves, debido á falta de tratamento e de recursos sobre todo relacionados coa hixiene. 

O tratamento destas enfermidades dependerá como sempre do axente causante, se é unha bacteria ou un virus. No caso de que a infección sexa bacteriana recetaránse antibióticos, mentres que se é viral, o tratamento non será solo farmacolóxico. Nestes casos, o tratamento limitaráse ao fogar, descanso e inxesta abundante de líquidos. 

 

A principal forma de prevención é a hixiene, na que tanto se recalcou durante a pandemia. Sobre todo das mans. Os lavados deben realizarse con frecuencia, incidindo sobre todo nas épocas do ano nas que predominan estas enfermidades, é dicir, no inverno e primavera. Ademais disto, para evitar contaxios debemos evitar tocar moito os ollos, a nariz ou a boca. Isto débese a que a transmisión destas enfermidades baséase no paso de gotiñas de fluídos, tanto saliva como mocos etc, que poden saír despedidas ao esbirrar, tusir ou simplemente falar, e quedan suspendidas, ou precipitan quedando en superficies tanto inertes como corporales, que se tras ter contacto con elas tocamos na cara etc, pasarán aos nosos organismos. Polo tanto, outra das indicacións é usar panos desbotables para sonarse así como para cubrir a boca e o nariz ao esbirrar ou tusir. Se non recoméndase tamén facer isto último cubrindo co interior do cóbado, posto que é menos probable que esta parte do corpo toque as vías de entrada ao organismo ou outras superficies onde podemos deixar estas gotiñas e contaxiar a alguén. 

 

En próximas entradas proseguiremos con este tema, afondando todo o posible, como sempre para resolver dúbidas e que sexa máis doado entender todo isto. Así que sin máis ata a próxima!


FONTES:


https://www.cigna.com/es-us/knowledge-center/hw/infeccin-de-las-vas-respiratorias-altas-ug2381

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID