martes, 22 de novembro de 2022

SINTOMATOLOXÍA



 Ola moi boas!! Son Valeria outra vez, e nesta ocasión para continuar coa serie que estábamos tratando sobre a hepatites, vamos a tratar a sintomatoloxía desta, de forma xeral posto que como comentamos na anterior entrada existen moitas variantes, distintas entre sí.

 

Para comezar, primeiro de nada recordar que os síntomas desta enfermidade son o resultado do intento do noso organismo de eliminar o virus. Realmente non é que existan entre as distintas variables diferencias específicas, posto que son diferentes pero non propiamente de algún dos tipos de virus. Os síntomas da hepatites poden aparecer de forma brusca e rápida,  e da mesma forma poden desaparecer. Pero por outra parte, tamén pode cronificar, evolucionando cara un dano hepático, cirrose, cancro ou cirrose. 

 

Dependendo dos antecedentes do paciente, os síntomas van a ser máis ou menos graves, e entre eles atopamos dor na zona, é dicir no abdome, ouriño escuro e feces máis ben brancas, fatiga, picazón sobre todo nas mans, febre, coloración amarela da pel e as conxuntivas dos ollos, é dicir, a parte que debería de ser branca.


Tamén falta de apetito e náuseas, así como consecuente perda de peso. É normal que no primeiro contacto con hepatites de tipo B e C non se manifesten síntomas, pero pode causar de maneira posterior insuficiencia hepática.

 

Para diagnosticar este tipo de enfermidades en primeiro lugar realizaráse un exame físico no que buscaremos o agrandamento do fígado, así como a súa hipersensibilidade, tamén ascite (líquido no abdome) e ictericia. Aparte do exame físico, tamén poden realizarse distintas probas de laboratorio como:

 

·      Ecografía: unha proba de imaxe na que se emprega o ultrason para facer imaxes bi ou tridimensionales. 

·      Probas de función hepática, que consisten en análise de sangue nos que se analizan tempos de protorombina, de tromboplastina, albúmina e bilirrubina. 

·      Biopsia de fígado, que ven sendo extraer de maneira mínimamente invasiva unha mostra do tecido hepático para evaluar se hai algunha alteración. 

·      Paracentese diagnóstica, que consiste en pinchar cunha agulla o abdome para extraer líquido ascítico para analizalo tamén e realizar un diagnóstico.

 

Realmente, non hai moito máis que comentar sobre a sintomatoloxía desta enfermidade polo que falamos antes, pola xeralización dos síntomas. E tamén porque hai moitos tipos desta enfermidade, e ao final é moi difícil concretar un conxunto de manifestacións. Eu creo que os signos máis importantes e característicos, son a ictericia, posto que a cor da pel resalta de forma chamativa, así como a aumulación de líquido, posto que aparece unha barriga moi hinchada de maneira relativamente repentina. 

 

Na próxima entrada seguiremos con esta serie, neste caso falando de como pode ser tratada esta enfermidade.

 Espero que nesta entrada se resolveran dúbidas e se aprenderan novas cuestións sobre este tema. 

Ata a próxima entón!!


FONTES:

https://medlineplus.gov/spanish/hepatitis.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID