domingo, 27 de novembro de 2022

COMO PODEMOS PREVIR A BRONQUITE?

Como podemos previr a bronquite? Que costumes aumentan a probabilidade de contraer unha bornquite?

 O risco de padecer unha bronquite pódese diminuír, tendo en conta unha serie de factores que propician a aparición de esta afectación e tomando medidas antes estes:

  • Evitar fumar ou inhalar o fume dos cigarrillos que son a principal causa da bronquite crónica.

  • Vacinarnos. Moitos dos casos de bronquite aguda son causados polo virus da influenza, polo que vacinarnos contra ela anualmente axudanos a protexernos contra a súa infección. 

  • Manter unha hixiene de mans correcta. Lavar as mans antes de comer ou antes de tocarnos o rostro é de gran importancia para evitar infectarnos e desenvolver unha bronquite.

  • Evitar irritantes. Existen gran cantidad de irritantes que se atopan no medio no que vivimos que poden afectar as nosas vías respiratorias tales coma os gases, o po, os vapores, os contaminantes, etc. Por iso é de gran importancia evitar respiralos e en caso de que esto non sexa posible protexernos de maneira adecuada fronte a eles empregando por exemplo as mascarillas.

Espero que esta información sobre a prevención da bronquite vos servise de axuda e de aplicación na vosa vida diaria. Ata a próxima!!


Fonte:

Cuidados de Enfermería en pacientes con Bronquitis - Revista Electrónica de Portales Medicos.com (revista-portalesmedicos.com)

TRATAMIENTOS DE BRONQUITIS CRÓNICA, INHALADOR, AEROSOL (encolombia.com)

Oxigenoterapia (II): Material para la administración | Blog de oposiciones | OpositaTest

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID