luns, 28 de novembro de 2022

INFECCIÓNS DE ORINA



Hoxe presentarei outra nova infección de orina moi común entre a poboación, sobre todo a feminina, as INFECCIÓNS DE ORINA. De que se tratan? Cales son as súas causas? Cales son os signos e síntomas principais? Como se detectan? Que relación teñen coa actividade sexual? Todo isto explicado ao longo de estes días.

As infeccións de orina son aquelas que se producen en calquera parte do sistema urinario: nos riles, nos uréteres, na vexiga e na uretra, ocorrendo a maioría de elas nas vías urinarias inferiores (vexiga e uretra). Presentase con molestia e algo dolorosa, pero aumenta moito a sú agravidade si se extende ata os riles. Este tipo de infeccións ocorrenlle con máis frecuencia ás mulleres, o cal se debe á menor lonxitude da súa uretra que desemboca preto da entrada da vaxina. Por conseguinte está sometida ao ambiente da flora vaxinal, aos efectos das relacións sexuais e a corta distancia coa zona anal. 


As infeccións urinarias pódense clasificar en:

  • Infección urinaria alta: afectan aos riles.

  • Infección urinaria baixa: afectan a vexiga e a uretra.

Da mesma forma, dependendo de a que zona do sistema urinario afecte divídense en:

  • Cistitis: vexiga urinaria

  • Uretritis: uretra

  • Pielonefritis: riles

  • Prostatítis: próstata


Ata aquí a introducción sobre as infeccións de orina. Na próximas entradas darémoslle maior amplitude
ao tema. Ata pronto!

Fontes:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID