As infeccións de transmisión sexual son, como o seu nome indica, aquelas cuxa transmisión se basea no contacto sexual tanto vaxinal como oral ou anal, aínda que tamén poden existir outras vías de transmisión no caso de certas enfermidades, a través de contacto íntimo diferentes das mencionadas. É dicir, estas enfermidades son provocadas polo intercambio, ou posta en contacto dos líquidos e secrecións procedentes sobre todo dos aparellos reprodutores das persoas implicadas na relación. Os microorganismos causantes da patoloxía viaxan a través desas sustancias, podendo así entrar nos corpos das persoas sás, infectándoas.
Estas poden afectar tanto a homes como a mulleres, e a súa aparición pode deberse a bacterias, virus ou parasitos, que poden causar sintomatoloxía moi variada e de diferente gravidade. Isto é o principal problema destas infeccións, posto que cabe a posibilidade de padecer unha delas sen sabelo, polo que no caso de manter relacións íntimas non se van tomar as medidas necesarias para prever a súa transmisión. O seu tratamento vai depender da causa patolóxica.
Como mencionei con anterioridade, poden afectar tanto a homes como a mulleres, pero a sintomatoloxía coñécese que é máis grave cando se trata dunha muller a persoa infectada, sobre todo porque se esta está embarazada, poden causarse problemas ao bebé.
En canto ao diagnóstico, existen diferentes probas para confirmar a presencia dunha destas doenzas, dependendo da sospeita, nas que afondaremos máis en posteriores entradas, pero que normalmente se tratan tan só de análise de líquido procedente dos aparellos reprodutores, ou análises de sangue.
Por último pola entrada de hoxe, en canto a prevención, existen moitas maneiras de prever estas enfermidades, e de evitar polo tanto problemas e complicacións derivados que poden dificultar en gran medida a vida cotiá do paciente. A principal medida sen dúbida son os métodos de barreira á hora de manter relacións, é dicir, o máis coñecido , os preservativos. Pero tamén existen outros que se coñecen menos e que tamén son efectivos para esta cuestión.
En todos estes temas afondaremos de maneira máis profunda posteriormente, tras esta presentación, que vai permitir comprender mellor os diferentes aspectos referentes a estas infeccións, para poder aclarar calquera dúbida. Así que agradare, que voltaremos con máis información na próxima entrada!
FONTE:
https://medlineplus.gov/spanish/sexuallytransmitteddiseases.html

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.