mércores, 23 de novembro de 2022

TRATAMENTO

 

Ola a todos!

Eu son Valeria, e neste caso como xa comentei na anterior entrada, imos falar sobre os distintos tratamentos para esta infección coas súas distintas variantes. 

 

O tratamento da hepatites vai depender de varias cuestións: 

O primeiro que imos tratar vai ser aquel destinado a prever a infección co virus B tras unha coñecida exposición, se non se está seguro de ter recibido a vacina con anterioridade. Nesta primeira situación o tratamento vai consistir en administrar unha inxección que contén inmunoglobulina, é dicir, anticorpos, dentro das primeira 12 horas despois da exposición, posto que desta maneira pode proterxerse aínda, pero a curto prazo, polo que debería administrarse tamén a propia vacina contra o virus ao mesmo tempo se nunca se recibiu.

 

O seguinte suposto é un paciente que xa padece unha infección aguda. Neste caso é posible que non precise siquera tratamento, pois a infección tal como aparece, desaparecerá pola súa conta. Entón o que se recomenda dende os servizos sanitarios é unha dieta adecuada, con moito aporte de líquidos, así como descanso, para axudar ao corpo a combater a infección. En casos nos que a infección se agrave, pode ser necesario a administración de antivirais e incluso ingreso hospitalario para maior control. 

 

Se o paciente padecera infección crónica de hepatite B, necesitará tratamento vitalicio. Este está destinado a reducir o risco de que a enfermidade desemboque en enfermidade hepática así como o risco de contaxio a outras persoas. Este tratamento pode comprender medicamentos antivirais como o tenofovir, adefovir ou telbivudina. Todos son medicamentos que se toman por vía oral, e evitan que se dane o fígado e axudan a combater o virus. Por outro lado, están as inyeccións de interferón, o interferón alfa-2b, que é un interferón artificial creado polo home nun laboratorio, e úsase sobre todo en pacientes que queren evitar o tratamento a longo prazo, por exemplo xóvenes, ou mulleres que pretendan quedar embarazadas nun tempo, xa que durante o embarazo non se pode administrar este tratamento, posto que conta con varios efectos secundarios como náuseas, depresión ou dificultade para respirar. A última opción de tratamento é o transplante hepático, que só se da nos casos no que o fígado está moi dañado. Durante este transplante, o procedemento consistirá en reemprazar o fígado danado por un san, que pode provir de un paciente vivo que dona un pedazo do seu, ou de un falecido.

Ademais disto, están a desenvolverse a día de hoxe novos tratamentos para a hepatite B, que aínda non están listos. 

 

A ciencia avanza moito nestes aspectos, e na miña opinión, sendo estas enfermidades tan comúns, e de mortalidade tan alta, debería destinarse maior cantidade de diñeiro para a investigación disto, porque se evitarían moitos problemas. 

 

E ata aquí a entrada de hoxe, espero que fora de axuda a quen o lea, e que resolvera dúbidas, así que bueno, ata a próxima entrada, que concluíra esta serie.


FONTES:

https://medlineplus.gov/spanish/hepatitis.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID