A pesar disto, non todas as persoas que están infectadas ca bacteria da tuberculose enferman. Isto permítenos clasificar a enfermidade en dous tipos diferentes de condicións nas que se pode presentar:
- Infección de tuberculose latente: Nesta condición da enfermidade os xermes viven no corpo da persoa pero non a enferman.
.
- Enfermidade de tuberculose ou tuberculose activa: Neste caso, os xermes si que causan a enfermidade. Aínda así na maior parte dos casos pódese curar con axuda de certos antibióticos.
A tuberculose é causada pola bacteria Mycobacterium tuberculosis, tamén coñecida como bacilo de Koch en honra ao seu descubridor, Robert Koch. Como xa comentamos anteriormente, propágase polo aire cando alguén cos pulmóns afectados tose, esbirra, cospe, ri ou fala. A tuberculose é contaxiosa, pero non é fácil de contraer. A maioría das persoas con TB activa que recibiron o tratamento adecuado durante polo menos 2 semanas xa non son contaxiosas.
Compre destacar que a partir de 1985 comezaron a aumentar perigosamente as infeccións por tuberculose en países desenrolados. Isto debíase na gran maioría dos casos á presencia que tivo o SIDA na sociedade nese momento e que tiña como consecuencia a debilitación do sistema inmune das persoas contaxiadas de VIH.
Outro dato importante a ter en conta é que desde que se empezaron a utilizar antibióticos para combater a tuberculose, algunhas cadeas desenvolveron resistencia a estes fármacos. A tuberculose multiresistente ocorre cando o antibiótico non funciona e mata todas as bacterias. As bacterias sobreviventes desenvolven resistencia a este e outros medicamentos.
Todo isto pode resumirse en que moitas cepas da tuberculose son resistentes a algúns dos antibióticos máis empregados no seu tratamento. Isto significa que as persoas que presenten tuberculose activa deben de tomar múltiples medicamentos para intentar desfacerse da enfermidade e previr a resistencia a determinados antibióticos.
A maioría das persoas que teñen xermes da tuberculose no corpo non contraen a enfermidade. En cambio, desenvolven infeccións latentes de TB. Con infección de tuberculose latente non existen síntomas. Sen embargo se unha persoa está contaxiada de TB activa a cousa cambia.
Nas persoas con tuberculose, os xermes están activos, o que significa que están multiplicándose no seu corpo e causando síntomas. Os síntomas da enfermidade dependen da área do corpo onde crece a bacteria. As bacterias da tuberculose xeralmente multiplícanse nos pulmóns. A tuberculose pode causar síntomas como:
- Tose severa que dura polo menos 3 semanas
- Dor no peito
- Tose con sangue ou esputo
Outros síntomas da tuberculose inclúen debilidade, perda de peso ou suores nocturnas


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.