domingo, 27 de novembro de 2022

VARICELA

Hoxe incorporaremos unha nova enfermidade ao noso blog, a VARICELA. Quen non tivo a varicela de pequeno ou coñeceu a alguén que non a tivera? Trataremos mediante varias entradas sobre a varicela e temas de interés relacionados.

 A varicela trátase de unha enfermidade viral provocada polo virus varicela-zóster que se caracteriza pola aparición na pel de varios brotes de lesións típicas, formadas por pequenas pápulas que se transforman en vesículas con contigo líquido que ao secarse forman costras.

Soe aparecer en nenos de entre un e nove anos, tratándose de unha enfermidade altamente contaxiosa. A infección en adolescentes e adultos soe ser máis severa e ten maior risco de complicacións, como a infección pulmonar intersticial.

Esta propágase por contacto directo a través do aire. O virus atópase nas vesículas dos pacientes e os pacientes son infecciosos dende un día da aparición de estas.

En España a varicela trátase de unha enfermidade de declaración obrigatoria dende 1904, notificándose os casos dende 2014 de forma individualizada na Rede Nacional de Epidemioloxía (RENAVE).


Móstrovos un tríptico que atopei que amosa de unha forma oito máis visual un resumo do que consiste avaricela, os síntomas, como se contaxia, o seu tratamento e coidados nos que indagarei máis a fondo en ppróximas entradas. Un saúdo e ata a próxima!

Fontes:

Varicela: Síntomas, diagnóstico y tratamiento. Clínica Universidad de Navarra (cun.es)

Varicela - Wikipedia, la enciclopedia libre

signos y sintomas de la varicela - Búsqueda Imágenes (bing.com)






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID