xoves, 24 de novembro de 2022

DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO DA MENINXITE

 


Que probas me van facer para saber se teño meninxite? Hoxe imos explicar como se diagnostica e como se trata esta enfermidade.


DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO DA MENINXITE

Simplemente baseándose nos antecedentes médicos un facultativo pode diagnosticarche meninxite, aínda que o habitual é que isto se acompañe dunha exploración física na que o médico tentará buscar determinados síntomas de inflación ao redor da cabeza e determinadas probas complementarias. Entre as probas que se utilizan para o diagnóstico eficaz da meninxite atopamos:


-       Hemocultivos nos que a través dunha mostra de sangue téntanse localizar os microorganismos.


-       Probas de diagnóstico por imaxe nos que a través de por exemplo unha resonancia magnética téntase localizar inchazón ou inflamación nas meninxes


-       Punción lumbar na que se extrae líquido cefalorraquídeo e achega os resultados definitivos




Doutra banda, dependendo do tipo de meninxite que se teña o tratamento que se utilizará será un ou outro. Se se trata dunha meninxite bacteriana aguda debe de actuarse o máis rápido posible con antibióticos intravenosos e nalgúns casos con corticosteroides. Estes medicamentos reducirán significativamente os riscos e axudarán na recuperación.


Tendo en conta isto, tamén é importante saber que, se estamos ante unha meninxite viral, esta non poderá ser tratada con antibióticos xa que estes non servirán de axuda. Con todo, neste tipo de infeccións virais a recuperación pode producirse soa en varias semanas sen necesidade de tomar ningún medicamento, aínda que para unha mellor recuperación é necesario gardar repouso en cama, inxerir moita auga e no caso de que se produza febre ou unha dor xeneralizada poderase recorrer a tomar algún analxésico aínda que estes deben de tomarse sempre co previo consentimento médico.


FONTES:


https://www.cun.es/enfermedades-tratamientos/enfermedades/meningitis





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID