domingo, 27 de novembro de 2022

BRONQUITE

Hoxe imos tratar unha enfermidade moi común: Que é a bronquite? Cales son as súas características principais? Imos ala!!!!

A bronquite trátase de unha infección das vías respiratorias baixas que afecta aos bronquios provocando neles a inflamación das súas paredes debido normalmente a unha infección, aínda que pode acontecer por outras causas. Amósase na seguinte imaxe a diferencia que habería nos bronquios nunha persoa sana e nunha persoa con bronquite:

Esta pode presentarse coma bronquitis aguda ou bronquitis crónica:

  • Bronquite aguda: trátase da inflamación dos bronquios que pode durar dende varios días a semanas causada normalmente por virus, o máis común o virus da influenza, ou bacterias.

  • Bronquite crónica: trátase dunha enfermidade inflamatoria dos bronquios de larga duración asociada a exposición prolongada a irritantes respiratorios acompañada da hipersecreción de moco e de certas alteracións estructurais dos bronquios como a fibrosis, a hiperplasia da musculatura lisa ou a descamación celular. Coñécese como a causa máis común da bronquitis crónica o consumo de tabaco.


Ata aquí a entrada de presentación da bronquite, no tránsito de estes días irei subindo máis información sobre esta enfermidade. Vémonos moi pronto!!


Fonte: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID