luns, 28 de novembro de 2022

DETECCIÓN DA INFECCIÓN DE ORINA

 


Cales son as probas que se utilizan para detectar ainfección de orina? Como se realizan?

Na detección de infeccións de orina os métodos máis comúns que se soen empregar son a realización de un test con tiras reactivas e un cultivo de orina. En ambas dúas actividade a figura enfermeira é a encargada de explicar ou axudar ao paciente a conseguir as mostras de orina de forma eficaz. 

No caso dos cultivos de orina a enfermeira deberá de explicar ao paciente o procedemento de recollida de orina o cal se divide nos seguintes puntos:


1º Debemos facilitarlle un bote estéril de plástico ao paciente para a recollida da orina.

2º O paciente debe de limpar a zona xenital empregando unha esponxa humedecida en auga.

3º A mostra de orina que se debe recoller é a da primeira micción da mañá xa que se atopa moito máis concentrada.

4º A mostra de orina que se recolla non debe de incluir o primeiro chorro da micción xa que este pode estar contaminado


En caso de que falemos de un paciente encamado debemos facilitarlle ou colocarlle unha cuña ou botella e verter a orina dentro do bote para enviar a mostra. En pacientes portadores de sonda vesical a orina obterase de esta coa axuda de unha agulla e xeringa tras desinfectar o sitio de punción.

Unha vez obtida a mostra, esta débe de ser etiquetada coa pegatina correspondente a solicitude do paciente e enviada a laboratorio



No caso de ter que realizar un test de tiras reactivas o método de recollida trátase do mesmo pero neste caso a enfermeira é a encargada de realizar o test. Os resultados obtéñense en 1-2 minutos, e a lectura realízase comparando os cores que saen na tira cos proporcionados polo fabricante no propio bote. O procedemento é breve e consiste en sumerxir a tira reactiva na orina durante 1 segundo asegurándose de que todas as áreas esten humedecidas. Non debemos de doblar a tira ao sumerxila, axudandonos do largo suxeitador da tira para un bo manexo de esta.  Ao retirar a tira debemos eliminar os excesos pasando o lateral da tira polo borde do bote e a continuación apoyandoa nunha superficie plana e non absorbente. Non debemos de considerar cambios de cor desarrollados tras 2 minutos.

A entrada de hoxe chega ata aquí, na próxima falarei da relación que existe entre sufrir unha infección de orina e manter relacións sexuais. Ata a próxima!


Fontes:

Diagnóstico de una infección urinaria (webconsultas.com)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID