martes, 22 de novembro de 2022

TIPOS DE HEPATITES

 


Boas a todos una vez máis, son Valeria de novo, e nesta ocasión vou falar sobre os tipos de hepatites, que dependen da súa etioloxía. 

Para comezar debo aclarar a causa desta enfermidade, que é vírica. Os virus responsables desta enfermidade son varios posibles:  virus hepatotropos (A, B, C, D, E, F, G), Epstein-Barr, citomegalovirus; así como alcohol e fármacos. Pero nesta ocasión, como nos queremos centrar nos principais tipos de hepatites, que son a A, B, C, D, E, vamos a tratar aqueles que son causados polos principais virus hepatotropos. Como mencionei antes, tamén existen a maiores os  virus F e G, pero aínda son moi descoñecidos.  Na seguinte táboa mostrase un resumo, das características máis salientables. 

 

VHA

VHB

VHC

VHD

VHE

FAMILIA

Picornavirus

Hepadnavirus

Flavivirus

Satélite

Sin clasificar

XENOMA

ARN

ADN

ARN

ARN

ARN

TRANSMISIÓN

Fecal/oral

Parenteral, sexual e vertical

Parenteral

Parenteral

Fecal/oral

FULMINANTE

Raramente

Raramente

Moi raro

Frecuente

Nunca

CRONICIDADE

No

5-10%

70-80%

Frecuente

No

MALIGNIDADE

No

No

VACINA

No

Sí (VHB)

No


Os virus máis importantes son o A, B e C, así que son nos que imos comezar a afondar:

A.    HEPATITE A:

Esta variante da enfermidade está producida polo virus denominado VHA-(ADN)-picornairus, cuxa transmisión é oral-fecal, osea por medio de augas contaminadas ou alimentos, e polo tanto anal-oral, que se pode dar por medio de relacións sexuais. Debido a esta forma de transmisión, a incidencia da enfermidade é maior en áreas xeográficas con malas condicións hixiénico sanitarias. O período de incubación desta variante dura entre 15 e 50 días, mentres que o período durante o que pode ser contaxiosa é 2 semanas antes da aparición dos primeiros síntomas ata unha semana despois da aparición da ictericia, que é a coloración amarela da pel. 

Normalmente cursa de forma asintomática, e a penas cronifica. Ao pasar a enfermidade dá inmunidade permanente, e non se maligniza. Grazas a esto a mortalidade é moi infrecuente. De algunha forma podería evitarse  o feito de contraer a enfermidade, tratando de forma adecuada as augas residuais, mantendo hixiene e control de alimentos e auga para o consumo, así como tamén das mans tras a manipulación de material fecal. Se se detectara un caso deste tipo, debería illarse de forma entérica ao paciente. Con baño persoal, lixivia para desinfectar, así como utensilios de hixiene exclusivos. 

Unha persoa pode inmunizarse de dúas formas contra esta enfermidade, de forma activa coa vacinación selectiva de grupos de risco, dándose unha primeira vacina e logo unha dose de recordo aos seis meses. E de forma pasiva mediante inmunoglobulinas, mediante unha dose única que se lle dá a persoas que estiveron en contacto con infectados.

B.    HEPATITE B:

A hepatites B está causada polo VHB-(ADN)-Hepadnavirus. Este microorganismo transmítese polo contacto sexual, xa que se contaxia mediante o contacto de fluídos corporais así como de nai a fillos no embarazo. O período de incubación é de entre 30 e 160 días. A maioría dos casos cursan de forma asintomática, e do resto, moi poucos casos son crónicos causando cirrose e hepatocarcinoma, e menos casos aínda resultan fulminantes. En canto á inmunización contra este virus, da mesma maneira que co A exite inmunización activa, mediante vacinas, cunha pauta de 0-1-6 meses, que está incluída no calendario de vacinación galega, na que figura aos 2, 4 e 11 meses. E no caso da inmunización pasiva, realízase pola inxectación de gammaglobulinas, que se poñen nas primeiras 24 horas tras o contacto, e despois disto debe administrarse a primeira dose da vacina.

C.   HEPATITE C:

Esta está producida polo VHC-(ARN)-flavivirus, e transmítese de forma parenteral, é dicir, por exemplo mediante transfusións sanguíneas. Tamén pode transmitirse pola vía sexual, pero é menos frecuente.O seu período de incubación dura entre 2 e 3 meses. Neste caso, no 80% dos pacientes tende a cronificar a súa enfermidade, derivando a cirrose hepática e hepatocarcinoma, que ven a ser cancro de fígado. A porcentaxe restante curan sobre os 4 meses. En canto ao tratamento, existen novas terapias que cambiaron de forma radical o curso da enfermidade, reducindo a mortalidade e conseguindo a curación en casos crónicos.

 

Na seguinte entrada continuarei explicando un pouco como é a sintomatoloxía e polo tanto como poderíamos identificar esta enfermidade, o cal aforraría moitos problemas no caso de detectala a tempo. Espero que como sempre se fixera interesante o contido desta entrada, e ata a próxima!!


FONTES:

apuntes enfermería clínica 2022

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INICIATIVAS E INNOVACIÓN NO COVID