Existe vacina para a varicela? A que idade se pon? Cal é a súa eficacia? Isto e máis a continuación.
No caso de este tipo de enfermidades a vacinación é de gran importancia, labor que realizan todos os enfermeiros e enfermeiras do noso pais, xa que son os encargados de administrar estas vacinas que inmunizan e protexen á poboación contra o virus da varicela. No caso de España, a vacina da varicela está incluida no “Calendario común de vacinación a lo largo de toda la vida” administrándose aprimeira dose aos 15 meses de vida e a segunda a rapaces de entre 3 a 4 anos. Apartir de aquí a vacina deixa de ser obligatoria pero si administrable a persoas de risco ou non vacinadas con anterioridade. Adxunto a continuación unha imaxe do “Calendario común de vacinación a lo largo de toda la vida” no que atopamos a vacina da varicela en cor verde claro.
Un estudo sobre resultado publicados no 2004 mostran tras un periodo de 7-8 anos unha efectividade global da vacina de ao redor do 87%, sendo esta moito máis grave en nenos non vacinados que en vacinados. A efectividad da vecina no primeiro ano tras a vacinación foi dun 97%, habendo un descenso no segundo anos despois ata o 86% e con unha efectivdade de 81% aos 7-8 anos da ixección.
Outro descubrimento do estudo dinos que a efectividade da vacina no primeiro ano seguinte foi menor se a vacina se administraba cando o neno era menor de 15 meses, aínda que a partir do segundo anos a eficacia non fose significativa. Por elo se determinou que a primeira dose da vacina se administraría aos 15 meses de vida.
Deixo a continuación a táboa que recolle toda a información e datos falados ata agora:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.