Boas a quen estea lendo isto! Son Valeria, e hoxe imos seguir na liña do que estabamos falando, as hepatites, e neste caso imos presentar a prevención desta enfermidade.
Primeiramente, vou presentar algunha estatística mundial sobre isto. Segundo a OMS, estas infeccións causan aproximadamente sobre 1,4 millóns de mortes anualmente, entre as cales a metade máis ou menos son debidas á hepatite C, seguida da hepatite B. Isto débese a que son as variantes máis propensas a evolucionar cara outros problemas como cirrose ou cancro, de feito, estas complicacións son na súa maior parte (o 78% dos cancros hepáticos e o 57% das cirroses) son causadas por estes virus. Ademais tamén é un feito a destacar que unha cantidade moi grande de persoas que padecen esta doenza en todas as súas variantes, son descoñecedoras, polo que non se tratan e progresan cara problemas maiores coma os que falabamos antes.
En canto á prevención propiamente dita, o principal plan para levala a cabo é a vacinación sobre todo contra a hepatite B, non só en nenos menores de 6 anos, se non tamén en grupos de risco como maiores, persoas en situación de prostitución, ou drogadicción, etc. Tamén é moi importante alertar á poboación sobre a relevancia de que non se compartan agullas con ninguén en ningún momento, como podendo falar de drogadictos, posto que esta é a principal vía pola que se transmiten estas infeccións.
Tamén pode trasmitirse pola vía sexual polo que non deben manterse en ningún caso relacións sexuais sen protección. As parellas deben estar informadas en caso de estar expostos a esta enfermidade, ou consultar en caso de sospeita a un especialista.
Outras recomendacións serían: vacinarse contra outras variantes de hepatites, manter hixiene correcta de mans, consumir alimentos e auga non contaminados, osea lavar todo e beber auga potable, non ter contacto con fluídos doutras persoas (aquí é donde entran os temas de compartir agullas e manter relacións con protección), asistir a controis prenatais, posto que tamén pode transmitirse esta enfermidade de nai a fillos.
Ao final, o máis importante para prever este tipo de infeccións así como outras, o máis importante é o coñecemento, e a información, da que en moitos lugares e casos se carece. Por iso penso que é moi importante informar, sobre todo isto, para evitar máis contaxios e complicacións.
Para completar esta información, vou deixar un par de vídeos que poden facer isto máis visual e ameno. Así que ata aquí chega a miña intervención de hoxe, deixovos cos videos, espero que vos gustara e vos fose útil!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.